Os albariños Mar de Envero e Troupe, premiados no concurso International Wine Guide 2016

Bodega Mar de Envero: International Wine Guide

19/07/2016

Os viños da adega de Rías Baixas Mar de Envero foron galardoados na nova edición do concurso International Wine Guide: o albariño elaborado sobre lías Mar de Envero obtivo unha Medalla de Ouro, e o albariño monovarietal Troupe unha Medalla de Prata.

Mar de Envero: albariño elaborado sobre lías

Mar de Envero é un albariño monovarietal que seduce comezando pola sú intensa cor, para abrirse paso a unha nariz que desvela un mimado traballo sobre lías, rematando cun elegante paso por boca, estruturado, untuoso e longo recordo.

Troupe: albariño monovarietal Rías Baixas

Troupe é un albariño monovarietal con gran potencia aromática, que provoca o recordo de froitas como o melocotón, a pera ou a froita da paixón, para rematar nuns elegantes pétalos de rosa. A súa boca é amable e cativadora, e o seu equilibrio invita a renderse aos encantos dun viño moi sedutor.

O certame International Wine Guide, organizado e desenvolvido por Catavinum en Vitoria-Gasteiz (España), ten como obxectivo informar aos consumidores e profesionais internacionais sobre a calidade dos viños premiados, fomentando a produción e elaboración de produtos de calidade.