Mar de Envero:
elaborado sobre lías

Mar de Envero

Ao igual que o envero reflicte un cambio, esta adega quixo ser fiel a esta manifestación, elaborando un albariño que expresa as súas características organolépticas de xeito intenso, harmónico e nobre. Mar de Envero é un monovarietal que nos seduce, facéndonos vivir un mundo de sensacións: comezando pola súa intensa cor, para abrirse paso a un nariz que desvela un mimado traballo sobre lías, rematando cun elegante paso por boca, estructurado, untuoso e longo recordo.

Ficha técnica colleita 2021

Variedade

Albariño 100%

Denominación de orixe

Rías Baixas

Elaboración

Uva desbagada e estrullada, pasando por unha maceración en frío para obter maior intensidade en aromas primarios, marcando así a tipicidade aromática da variedade. Continúa o proceso cunha fermentación a baixa temperatura, para conseguir máis complexidade en aromas secundarios e rematando cunha permanencia sobre as súas lías en depósitos de aceiro inoxidable.

Cata

Brillante, de cor amarela pallosa con fulgores de ouro pálido. Bágoa vigorosa. Presenta unha boa intensidade aromática na que a variedade expresa o seu potencial, recordo de cítricos (pomelo) notas de froitas de semente (mazá e pera) e de óso (albaricoque). Herbas aromáticas. En boca móstrase fresco, carnoso, cunha elegante cremosidade de lías, equilibrado e persistente. Postgusto onde aparecen de novo os matices froiteiros. Viño serio e con personalidade.

Producción

10.000 litros

Embalaxe

Caixas de 6 botellas bordelesa especial de 0,75 litros.

Conservación

Recoméndase conservar ao abeiro da luz e en lugar fresco, sen oscilacións de temperatura.

Temperatura de servizo

Entre 10º y 12º C.

Consumo

Estímase un tempo mínimo de consumo ata 2025.

Analítica

% Alcohólico (v/V): 12,00

Azucre residual (g/l): 2,50

Ph: 3,49

Acidez total (g/l): 7,60

Ficha técnica

A Adega