O albariño «Mar de Envero Branco Barrica», galardoado cunha Distinción Gallaecia
27/10/2022
O albariño Mar de Envero Branco Barrica 2018 foi galardoado cunha Distinción Gallaecia 2022, que o recoñece como un dos 15 viños mellor valorados da D.O. Rías Baixas por Gallaecia - Asociación de Sumilleres de Galicia. De acordo con esta asociación, organizadora do certame, «todos os viños Distinguidos superaron o corte de 84 puntos —ficha de cata da OIV, Organización Internacional de la Viña y el Vino—, e todos eles destacaron en relación aos outros da súa Denominación».
Ler mais. O albariño «Mar de Envero Branco Barrica», galardoado cunha Distinción Gallaecia
Tintos da D.O. Rías Baixas: viños que merece a pena coñecer
20/10/2022
A revista Economía Digital publicou un artigo moi necesario sobre os tintos da D.O. Rías Baixas, que inclúe a análise dunha selección de viños entre os que se atopa o noso coupage Mar de Envero Tinto Barrica. E dicimos que é un artigo moi necesario porque estes viños adoitan ser os grandes esquecidos e incomprendidos da zona, así que toda iniciativa que axude a difundir as súas virtudes é máis que benvida.
Ler mais. Tintos da D.O. Rías Baixas: viños que merece a pena coñecer
A adega Mar de Envero presenta o seu novo viño: «Mar de Envero Branco Ecolóxico Sobre Lías»
13/10/2022
A adega Mar de Envero segue ampliando a súa liña «Experiencias del Atlántico», na que explora a particular natureza dos viños galegos, co lanzamento de Mar de Envero Branco Ecolóxico Sobre Lías, o seu primeiro viño con certificación ecolóxica.
Páxina 1 de 34