Algunhas cousas que hai saber sobre o mundo do viño

Algunas cosas que hay que saber sobre el mundo del vino

¿É albariño un tipo de viño ou unha denominación de orixe?

Albariño é unha variedade de uva branca, que presenta unhas características óptimas para a elaboración de viños de calidade. De orixe galega, esta variedade conseguiu que a denominación de orixe Rías Baixas sexa recoñecida en todo o mundo.

¿O viño branco debe consumirse no ano?

Esta é unha das grandes confusións que seguen circulando a día de hoxe. A lonxevidade dun viño, non vén determinado pola variedade de uva coa que foi elaborado, senón pola viticultura que recibiu no viñedo e polas técnicas que se practicaron na transformación do mosto. O normal é que un viño branco, que non recibiu ningunha técnica de envellecemento, aguante varios anos en botella (e normalmente adoita estar máis expresivo pasado un ano).

Viño elaborado sobre lías, ¿que quere dicir?

As lías son os fermentos, que ao rematar a fermentación, se van descompoñendo e achegando compostos ao viño, destacando por riba de todo as manoproteínas. Estas conseguirán achegar estrutura o viño, á vez que o fan máis estable e de vida máis larga, co que aguantarán o paso de varios anos (dependerá en gran parte do tempo que as lías permanecesen en contacto co viño).

¿Debe servirse moi frío o viño branco?

Se o servimos a unha T ª moi baixa (6 ou 7º C) o viño non expresa todo o seu potencial, pois a maior parte dos seus compostos non se volatilizan. Algo parecido acontece con altas T ª (16º C), nestas condicións o viño expresaría un determinado tipo de compostos, tales como o alcohol, que nos podería levar á situación de rexeitar ese viño. Aconsellamos unha temperatura en 10 e 12º C.

En Rías Baixas ¿só se elabora albariño?

O monovarietal de albariño é o viño maioritario nesta denominación de orixe, pero existen outros tipos:

  • Albariño: Viño monovarietal co 100% de uvas da variedade Albariño.
  • Condado do Tea: Elaborado nesa subzona e con uvas de Albariño e Treixadura, nun 70% como mínimo.
  • Rosal: Elaborado nesa subzona e cun 70% como mínimo de uvas Albariño e Loureira.
  • Salnés: Elaborado nesa subzona e a partir de uvas Albariño cun mínimo do 70%.
  • Ribeira do Ulla: Elaborado nesa subzona e cun mínimo de 70% de uvas Albariño.
  • Rías Baixas: O viño prodúcese a partir de variedades brancas recoñecidas na D.O., utilizando polo menos un 70% das variedades preferentes.
  • Rías Baixas barrica: Elabórase a partir dos viños definidos anteriormente, pero que permaneceron en envases de madeira de carballo por un período nunca inferior aos tres meses.
  • Tintos:Rías Baixas, elaborado a partir das variedades tintas recoñecidas polo Consello Regulador.
  • Rías Baixas Escumoso: Elaborado a partir das variedades recoñecidas, producidas en calquera das subzonas, cumprindo os límites analíticos estipulados no Regulamento do Consello Regulador, a normativa nacional e comunitaria referente aos viños escumosos de calidade e os que se establezan no Manual de calidade.

E as variedades de uva coas que se pode elaborar baixo en recoñecemento da denominación de orixe son:

  • Variedades brancas: Preferentes: Albariño, Loureira (Marqués), Treixadura y Caíño Branco. Autorizadas: Torrontés y Godello.
  • Variedades tintas: Preferentes: Caíño tinto, Espadeiro, Sousón y Loureira tinta. Autorizadas: Brancellao y Mencía.

¿Os viños brancos pódense envellecer?

Aínda que é máis habitual envellecer viños tintos, existen viños brancos envellecidos en barrica. É unha técnica complexa pois, un lixeiro exceso na achega da madeira, conseguirá atenuar e mesmo ocultar os aromas primarios do viño (son os relativos á variedade de uva).

¡Eu son de tintos!

Certo é que sobre gustos non hai nada escrito, pero a experiencia nos di que cantos máis tipos de viño probemos, máis imos ampliar o noso gusto. Todo tipo de viño ten o seu momento e é moi importante sabelo maridar (harmonía entre a comida e a bebida). Se acompañamos un prato lixeiro cun viño moi estructurado e aromático, é probable que mingüe a percepción de sensacións, pois a potencia do viño, conseguirá que olores e sabores máis débiles pasen desapercibidos.

¿Que diferencia un sommelier dun enólogo?

O sommelier é un profesional, gran coñecedor do viño, destinado á venda. O seu maior ámbito encóntrase nos restaurantes, aínda que tamén se lle pode ver en tendas especializadas. O enólogo é a persoa que estuda e practica a enoloxía. Encargado do asesoramento técnico para a elaboración do viño.

¿Débense decantar todos os viños?

O decantador adóitase utilizar con dúas finalidades:

  • Separar as partes sólidas do viño (se as tivese)
  • Osixenar o viño (se fose necesario)

Non existe ningunha regra matemática que resolva o dilema da osixenación. É certo que os viños (en bo estado) necesitan osíxeno. Algúns non necesitan máis que uns minutos e non obstante, a outros fanlles falta varias horas.

Unha práctica moi coherente é destapar a botella e servir un pouco de viño na copa, ao ulilo poderemos intuír se necesita osixenarse ou non. Se o viño está pechado (apenas tes aroma) ou se nos dá notas de redución, é recomendable osixenalo, pero se pola contra o viño expresa todo o seu potencial aos poucos minutos de ter destapado a botella, non ten sentido osixenalo.

¿Como debo gardar o viño na miña casa?

O ideal sería que a temperatura de conservación se encontrase ente os 9 e 16º C, que a oscilación térmica non superase os 2º C de flutuación, a humidade relativa estivese entre o 75 e 80%, as botellas estivesen colocalas en posición horizontal co viño en contacto coa cortiza, o lugar de almacenamento debería estar ben aireado e exento de olores, como factores máis destacables.

É moi difícil poder controlar todos estes parámetros na nosa casa, co que debemos achegarnos o máis posible a estas condicións: evitando os olores fortes e cambios bruscos de temperatura da cociña, separar as botellas dos radiadores, evitar a incidencia directa dos raios do sol sobre as botellas...

end faq