As pequenas historias da adega Mar de Envero, recollidas no libro «Te cuento un vino»

Mar de Envero en Te cuento un vino

09/10/2014

Mar de Envero é unha das 36 adegas que achegou as súas pequenas historias e anécdotas ao libro ¿Te cuento un vino? Rarezas y caras B de nuestros vinos y bodegas (Enrique López, Libros.com), un libro sobre viño que verá a luz proximamente e que, en realidade, non será outro libro sobre viño, senón un libro para que a xente se namore do viño.

En ¿Te cuento un vino?, Enrique López afonda no lado humano do proceso de creación deste produto, afastándose dos tecnicismos e do vocabulario experto para aproximarse ao romanticismo da maxia producida polas adegas. O autor non analiza o viño, senón que o conta, narrando todas as historias, anécdotas e curiosidades que se esconden detrás dunha botella, dunha etiqueta, dun nome...

Mar de Envero en Te cuento un vino

Para ir abrindo boca, podedes ler un anticipo de ¿Te cuento un vino? neste enlace. Ademais, Enrique López arrancou un blog no que achegará todo o que non se conta no libro das adegas participantes: podedes seguilo neste enlace.