Clons de albariño certificados: o primeiro paso cara un patrón definitivo de albariño?

Parras de albariño na zona de O Rosal

00/01/2012

Tras vinte e cinco anos de investigación, o Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia presentou cinco superclons de albariño, os primeiros desta variedade certificados a nivel mundial.

Na adega Mar de Envero recibimos esta noticia con expectación, pois responde a unha reivindicación que vimos defendendo dende hai tempo: a necesidade de establecer un patrón de albariño que, funcionando como referencia a nivel mundial, contribúa a protexer os trazos diferenciais da nosa zona de elaboración.

As cinco plantas clonadas de albariño obtivéronse a partir de cepas de entre douscentos e trescentos anos de antigüidade, tras unha selección clonal que os responsables do proxecto cualificaron como das máis completas a nivel mundial.

Estes superclons de albariño caracterízanse pola súa probada resistencia a enfermidades, así como pola gran calidade demostrada en parámetros como a produción, o aroma ou o grao alcohólico.

Durante o próximo lustro, os viticultores da Denominación de Orixe Rías Baixas poderán explotar en exclusiva dúas das cinco cepas clonadas de albariño, que a partir dese momento se poñerán a disposición do mercado internacional.

Máis información:

Rías Baixas plantará os primeiros clons de albariño en 2013
Cinco superclones de albariño, fruto de 25 años de investigación

Misión Biológica de Galicia