O albariño monovarietal Troupe, da adega Mar de Envero, incluído na «Selección de los Mejores Vinos Blancos en España 2016»

O albariño monovarietal Troupe, incluído na Selección de los Mejores Vinos Blancos en España 2016

22/04/2016

O albariño monovarietal Troupe, da adega de Rías Baixas Mar de Envero, foi incluído na «Selección de los Mejores Vinos Blancos en España 2016», realizada pola Guía de Vinos Xtreme de akataVino. Cunha valoración de 94,00 puntos, o albariño Troupe atópase entre as 15 primeiras referencias dunha lista na que só tiveron cabida 62 viños.

O albariño monovarietal Troupe, incluído na Selección de los Mejores Vinos Blancos en España 2016

A «Selección de los Mejores Vinos Blancos en España 2016» foi realizada dentro do Concurso Internacional de Vinos AkataVino Sumilleres de España 2016 (CIVAS 2016), por un xurado composto por 35 prestixiosos catadores en cata a dobre cegas. Os participantes neste concurso procedían dunha selección de 3000 viños catados pola Guía de Vinos Xtreme de akataVino.