Dous albariños da adega Mar de Envero, valorados con Ouro e Gran Ouro na Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2023

Mar de Envero | Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia

09/03/2023

Dous albariños da adega Mar de Envero, Mar de Envero elaborado sobre lías 2019 e Mar de Envero Branco Barrica 2018, foron catados e valorados na edición 2023 da Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia. O primeiro, definido como «Maduro, con presenza propia», recibiu a valoración Ouro. Do segundo, valorado como Gran Ouro, destácase a súa «excelente uva» e «excelente elaboración».

Mar de Envero | Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia

As notas de cata describen o albariño Mar de Envero elaborado sobre lías 2019 como «de boa intensidade, notas de froitas en sazón (albaricoque, caqui, mango, nectarina, litchi, pomelo) e de campo (hedra, musgo, xara negra, ourego). Ben estruturado, balancea o peso da froita en sazón cunha frescura que se prolonga máis aló do grolo».

Mar de Envero | Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia

Pola súa banda, o albariño Mar de Envero Branco Barrica 2018 descríbese como «de boa intensidade e excelentes maneiras, todo mestúrase, a froita (orellóns, ameixa, casca de laranxa, cabaza, pera ao viño), o campo (mel de tilo, mimosas, fiúncho, pedernal, ortiga, lavanda, propóleo), as madeiras (cirio, abelás, tartaleta de limón). En boca é pura harmonía, frescura de uva e territorio abrazadas a unha excelente e coidada crianza de tempo e discretas madeiras, longo, sápido, un pracer poder desfrutalo».

Mar de Envero | Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia

A Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia, editada polo profesor e sumiller Luis L. Paadín, suma 13 edicións con 24500 exemplares editados en total, catando para cada edición máis de 1300 viños e destilados de máis de 500 adegas e destilerías galegas. O seu principal obxectivo é comprender e explicar os viños de Galicia no seu conxunto para, así, asociar as singularidades climáticas que se transmiten a cada viño e lle confiren sentido a cada unha das Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas que constitúen o variado territorio vitivinícola desta comunidade.