A adega Mar de Envero presenta o seu novo viño: «Mar de Envero Branco Ecolóxico Sobre Lías»

Mar de Envero Blanco Ecológico Sobre Lías

13/10/2022

A adega Mar de Envero segue ampliando a súa liña «Experiencias del Atlántico», na que explora a particular natureza dos viños galegos, co lanzamento de Mar de Envero Branco Ecolóxico Sobre Lías, o seu primeiro viño con certificación ecolóxica.

Mar de Envero Blanco Ecológico Sobre Lías

Mar de Envero Branco Ecolóxico Sobre Lías é o primeiro e único monovarietal de treixadura ecolóxica elaborado na D.O. Rías Baixas. Igualmente, é a primeira vez que Manyo Moreira, enólogo da adega, traballa con esta variedade de uva. Tras a vendima aínda non tiña claro o proceso de elaboración, e non foi ata despois da fermentación cando empezou a barallar a idea de telo en contacto coas súas lías, unha crianza que se prolongaría durante 8 meses.

Mar de Envero Blanco Ecológico Sobre Lías

O resultado é un viño limpo e brillante, cor amarela con tons dourados, con nariz complexo e aromas de flores brancas, pomelo, herbas silvestres, fiúncho e anís estrelado, acompañado dunha elegancia envolvente de lías finas. A entrada na boca é fresca, cítrica, dando paso a unha sensación cremosa, con volume e final con longo recordo.

Mar de Envero Blanco Ecológico Sobre Lías

Mar de Envero Branco Ecolóxico Sobre Lías é unha produción limitada a 2000 botellas numeradas de 0,75 litros e, para a súa óptima conservación, a adega recomenda gardalo ao abrigo da luz, nun lugar fresco e sen oscilacións de temperatura.