A adega Mar de Envero presenta «Volandia Godello Barrica», un novo viño con denominación de orixe Ribeira Sacra

Mar de Envero: Volandia Godello Barrica con D.O. Ribeira Sacra

13/07/2021

A adega Mar de Envero presenta un novo Volandia que se suma ao seu mencía barrica. Neste caso trátase dun monovarietal de godello con denominación de orixe Ribeira Sacra —subzona de Amandi—, crianza en barrica e unha produción limitada a 850 botellas numeradas.

Mar de Envero: Volandia Godello Barrica con D.O. Ribeira Sacra

Nos inicios da súa traxectoria profesional, Manyo Moreira xa afrontou pequenos proxectos de elaboración coa variedade godello no Bierzo, unha zona na que esta uva era moi minoritaria. Agora, moito tempo despois, volve optar por ela na Ribeira Sacra, onde a súa presenza tamén resulta practicamente testemuñal. Con iso, o elaborador incide nunha liña de traballo que busca explorar as posibilidades de cada variedade, sempre tendo en conta as calidades concretas que as condicións naturais —climatoloxía, frecuencia das choivas, temperatura media anual, pH da terra, etc.— imprimen ás uvas e, consecuentemente, ao viño.

Mar de Envero: Volandia Godello Barrica con D.O. Ribeira Sacra

Volandia Godello Barrica ofrece uns rexistros aromáticos que lembran a froitas maduras como a pera, a mazá ou o pomelo, flores brancas, anisados e lixeiros matices de lías e balsámicos. En boca móstrase untuoso e con longo recordo.

Mar de Envero: Volandia Godello Barrica con D.O. Ribeira Sacra

A vendima para este viño realizouse de forma artesanal, cortando os acios un a un para depositalos suavemente en pequenas caixas e, así, evitar roturas da pel. Para a súa elaboración, antes da fermentación alcohólica realizouse unha lixeira maceración en frío, que continuou cunha lixeira estancia en barrica de gran volume, onde permaneceu en contacto coas súas lías. Finalmente, tras o embotellado, deixouse uns meses en botella.

Mar de Envero: Volandia Godello Barrica con D.O. Ribeira Sacra