Os albariños Mar de Envero e Troupe, Medalla de Ouro na Catavinum World Wine & Spirit Competition 2020

Catavinum World Wine & Spirit Competition

10/03/2020

Os albariños Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías, da adega de Rías Baixas Mar de Envero, foron galardoados con senllas Medallas de Ouro na edición 2020 do concurso internacional Catavinum World Wine & Spirit Competition.

Catavinum World Wine & Spirit Competition

A Medalla de Ouro premia a viños moi intensos e moi complexos en aromas, con corpo alto, ben equilibrado e moi persistente. Para esta última edición da CWWSC catáronse un total de 3123 viños e licores, procedentes de máis de 20 países.

Catavinum World Wine & Spirit Competition

Catavinum World Wine & Spirits Competition é unha iniciativa organizada por Catavinum en Vitoria-Gasteiz (España), que ten como obxectivo informar a consumidores e profesionais sobre a calidade dos viños e licores premiados. Deste xeito, contribúen á súa difusión e potencian a produción e elaboración de produtos de calidade.