Mar de Envero presenta o seu novo viño albariño

Mar de Envero presenta su nuevo vino albariño

15/4/2012 - Atlántico Diario

Mar de Envero acaba de lanzar ao mercado Troupe, o seu novo viño albariño con Denominación de Orixe Rías Baixas. A adega é unha iniciativa dos emprendedores composteláns Manyo Moreira e Breixo Reymóndez, enólogo e xerente, respectivamente. Este é o segundo monovarietal e conta cunha produción de 20.000 litros. Os seus viños están presentes en gran parte de España e perseguen abrirse pasa no mercado xaponés. De feito a empresa participou a semana pasada na feira Wine & Gastrónomo de Xapón, sendo a única representación galega na mostra.

Ler mais. Mar de Envero presenta o seu novo viño albariño

 


Albariños de Mar de Envero, pouca cantidade e moita calidade

Albariños de Mar de Envero, poca cantidad y mucha calidad

15/4/2012 - La Voz de Galicia

Texto: Tamara Montero

Fotografía: Xoán A. Soler


Tras obter varios galardóns coa súa primeira oferta, a adega compostelá lanza un novo caldo: Troupe. A filosofía da firma pasa por coidar ata o máis mínimo dos detalles nunha produción pequena pero mimada.

Ler mais. Albabriños de Mar de Envero, pouca cantidade e moita calidade

 


O albariño de Mar de Envero, á conquista do país azteca

El albariño de Mar de Envero, a la conquista del país azteca

16/8/2009 - El Correo Gallego

Unha das grandes sorpresas vitivinícolas de Galicia, o ouro líquido que atesouran as botellas de Mar de Envero, cruzará nos próximos meses o charco para iniciar a conquista do corazón do antigo imperio azteca. Este albariño, do que se producen 30.000 litros ao ano, chegará a México da man da cadea de establecementos máis importante do país, e venderase na sección gastrónoma de Pazo de Ferro. Este exclusivo grupo, unha especie Del corte Inglés á mexicana, toma o seu nome do edificio onde abriu a súa primeira tenda en 1891.

Ler mais. O albariño de Mar de Envero, á conquista do país azteca

 

Páxina 32 de 34