VARIEDADE

Albariño 100%

ANADA

2010

DENOMINACIÓN DE ORIXE

Rías Baixas

ELABORACIÓN

A uva debagada e estrullada, pasa por un proceso de maduración en frío co fin de obter unha maior intensidade nos aromas primarios, e marcar así a tipicidade aromática da variedade. O proceso continúa cunha fermentación a baixa temperatura, para poder conseguir unha maior complexidade nos aromas secundarios e remata cunha permanencia sobre as súas lías en depósitos de aceiro inoxidable.

CATA

Brillante, de cor amarela con tonalidades de palla e escintileos de ouro pálido. Lágrima vigorosa. Presenta unha boa intensidade aromática na que a variedade expresa o seu potencial, recordo de cítricos (pomelo), notas de froitas de semente (mazá e pera) e de croia (albaricoque). Herbas aromáticas.Na boca móstrase fresco, carnoso, e cunha elegante cremosidade de borras finas, equilibrado e resistente. Postgusto onde aparecen os novos matices de froitas. Viño serio e con personalidade.

PRODUCIÓN

30.000 litros

EMBALAXE

Caixas de 6 botellas bordelesa especial de 0,75 litros.
Estoxos de 2 botellas bordelesa especial de 0,75 litros.

CONSERVACIÓN

Recoméndase conservar ao abrigo da luz e en lugar fresco, sen oscilacións de temperatura.

TEMPERATURA DE SERVIZO

Entre 10º y 12º C.

CONSUMO

Estímase un tempo de consumo ata 2014.

ANALÍTICA

% alcólico (v/V): 13,00
Azucre residual (g/l): 2,20
pH: 3,40
Acidez total (g/l): 6,60

Botella Mar de Envero

Descargar ficha

Foto botella