Mar de Envero é unha iniciativa de dous emprendedores composteláns que deciden materializar o seu soño.
Miguel Ángel Moreira, enólogo que despois de traballar en varias denominacións de orixe do territorio nacional, regresa a Galicia para elaborar o seu propio viño, xa que considera que a terra, o clima e as variedades da uva autóctonas que esta comunidade posúe fan dela un lugar único.
O outro socio é Breixo Reymóndez, licenciado en Administración e Dirección de Empresas, que despois de estar adicado a esta labor durante varios anos, decide unirse ao proxecto xa que, a frescura das ideas propostas e a atracción que sente polo mundo vitivinícola fan que a súa paixón se convirta nunha forma de vida.